RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

1.000 hectáreas queimadas en Cualedro e 50 máis no incendio de Rodeiro

Ningún destes incendios estaba extinguido a primeira hora deste venres

Imaxe:@AT_Brif/ Segue activo o incendio que empezara o mércores na parroquia de San Millao, no concello de Cualedro. Segundo Medio Rural, «evoluciona favorablemente», logo de que as lapas comezaran, ao mesmo tempo,en dous puntos distintos.

Dacordo coas últimas estimacións, afecta unha superficie dunhas 1.000 hectáreas, nas cales hai parte agrícola e forestal.

Para a súa extinción lévanse mobilizado 2 técnicos, 31 axentes, 88 brigadas, 29 motobombas, 6 pas, 13 helicópteros e 13 avións, ademais de efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

https://twitter.com/maruat43/status/1288970415801544706

Rodeiro

Este xoves, pasadas as 10 da noite, quedou estabilizado o o lume rexistrado no concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia de Riobó. O incendio comezará preto das 15:30h, e ata este venres queimara unhas 50 hectáreas.

Para o control do lume lévanse mobilizado 5 axentes, 14 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 6 avións.

También te puede interesar