825 traballadoras e traballadores de plata de PSA en Vigo, doaron sangue na propia factoría os pasados días 14, 15, 16 e 23 deste mes. Segundo informa a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), con esta participación, as traballadores e traballadores vigueses acadaron «unha cifra récord de participación con 65.681 doazóns dende o ano 1995».
Traxectoria solidaria
Hai 25 anos, o Centro de Vigo do grupo PSA comenzou a acoller campañas de doazón de sangue. Hoxe os seus empregados e empregadas «son un referente a nivel estatal, sendo a empresa con maior número de doazóns».
355 intervencións cirúrxicas
Grazas a colaboración dos 825 profesionais do Centro PSA de Vigo, «poderanse realizar, por exemplo, máis de 355 intervencións cirúrxicas ou transfundir plaquetas a preto de 160 enfermos oncolóxicos».