Ciencia y Tecnología Galicia

O Sergas publica as listas de selección temporal de persoal para varios postos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores a relación provisional coa orde de prelación e as puntuacións para varios postos no Sergas.

Son os de enxeñeiro técnico, facultativo especialista de área de Medicina do Traballo; facultativo especialista de área de Psicoloxía Clínica; farmacéutico de atención primaria; fisioterapeuta; grupo de xestión da función administrativa; grupo técnico da función administrativa; logopeda; médico asistencial do 061; médico coordinador do 061; odontólogo de atención primaria; técnico de grao medio en prevención de riscos laborais; técnico superior en prevención de riscos laborais; técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información; técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información; técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información;, terapeuta ocupacional e traballador social.

8.400 inscricións

En total, xeráronse un total de 8.410 inscricións, resultando só excluídas do proceso o 1,45% das solicitudes. A categoría con maior número de solicitudes é a de fisioterapeuta, con 1.377. 

As listas provisonais atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario.

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado por cada aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Próximas publicacións

Está previsto que mañá, xoves 30 de xullo se publiquen as puntuacións provisionais das listas de: enfermeiro especialista en enfermería familiar e comunitaria e enfermeiro especialista en enfermería pediátrica. Ademáis das listas definitivas de  enfermeiro, enfermeiro da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e médico de urxencias hospitalarias.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.