RGPD - Cookies
Galicia Vigo al día

A pensión media en Galicia é de 860€, a segunda máis baixa do Estado

Na provincia de Pontevedra a pensión media é de 900€ ao mes

A ‘pensión media’ era a principios deste mes de 860,18€ ao mes, a segunda máis baixa do Estado -por detrás de Estremadura onde é de 842,55€-.

Nun ano a ‘pensión media’ medrou en Galicia un 2,27%, segundo os datos do Ministerio de Inclusión Social, Seguridade Social e Migracións, coñecidos este martes.

478.731 pensionistas

A principio de xullo 764.076 galegas e galegos eran pensionistas, 478.731 xubilados-cunha pensión de 978,56 €-; outros 185.744 son viuvas e viuvos -cunha pensión de 612,76€-; 69.457 con incapacidade permanente-cunha paga media de 891,28€; e 227.063 con pensións con complementos a mínimos.

Provincias

Por provincias, na Coruña, hai 299.109 pensionistas que cobran, de media, 905€/mes; en Lugo, son 115.218 pensións, por un importe medio de 766,5€; en Ourense hai 107.245 pensionistas, cunha paga de 743,96€; na provincia de Pontevedra os seus 249.504 pensionistas ingresan mensualmente, de medio, algo máis de 900€.

También te puede interesar