RGPD - Cookies
Comarcas

@ConcelloNigran abre o prazo para solicitar axudas para libros e material escolar

O prazo estará aberto entre o 27 de xullo e o 14 de agosto

Nigrán abre este luns, 27 de xullo, e ata o 14 de agosto, o prazo para solicitar axudas á adquisición de libros e material escolar.

Coma en anos anteriores, a contía máxima é de 65€ por cada neno. Mantense o requisito indispensable de que os beneficiarios sexan unidades familiares empadroadas no concello. As rapazas e rapaces estarán matriculados en centros públicos de Nigrán en Educación Infantil.

O prazo para presentar as solicitudes é mediante cita previa no teléfono 986.365.000 no Departamento de Servizos Sociais.

Os beneficiarios deben estar ao corrente do pago das taxas e impostos municipais; ademáis non deben superar o límite de recursos establecido (computan os 6 últimos meses de ingresos, de enero a xuño).

También te puede interesar