RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

Sanidade confirma un ‘rebrote’ de coronavirus con 6 contaxios no Porriño

Os afectados viven todos no centro da vila e están xa illados

A Consellería de Sanidade vén de confirmar a existencia dun brote de Covid-19 con 6 positivos no Porriño. O mesmo está localizado no centro da vila.

O primeiro contaxiado foi un mozo que transmitiu a enfermidade á súa parella e a familiares de ambos. Todos eles, indica o Sergas, están illados nas súas casas. O seguimento da súa evolución séguese dende o Centro de Saúde por médicos de Atención Primaria.

Sanidade indica que os rastrexadores epidemiolóxicos seguen a investigar se hai máis positivos. Por iso, realizaron probas «PCR». Os resultados se coñecerán hoxe e indicarán se o radio de contaxios é máis amplo.

También te puede interesar