Galicia Sucesos

‘Estabilizado’ o lume que empezara onte en Porto do Son e que queimou 35 hectáreas

O incendio está aínda sen controlar

A primeira hora deste mércores, a Consellería de Medio Rural deu por “estabilizado”, non extinguido, o incendio forestal na parroquia de Nebra, no Concello de Porto do Son. En total, ata hoxe o mesmo arrasou 35 hectáreas.

O lume empezara o martes pola tarde, logo de que outro incendio, que queimara 20 hectáreas, fora extinguido no mesmo concello.

Preto das casas

O incendio da parroquia de Nebra obrigou a activar unha Situación 2 pola proximidade das lapas ás casas. No control do lume traballan sete helicópteros, seis avións, 22 brigadas e 20 motobombas

También te puede interesar