Cultura Destacados

En marcha as ‘Festas de Verán’ de Vigo por toda a cidade

Bandas de música, concertos, teatro musical, danza urbana ou propostas para os máis pequenos completan a proposta deste ano

Foto: Olalla Lojo/Orquesta Clásica de Vigo/ O programa de festas de verán deste ano en Vigo, comezou xa con actividades e propostas por toda a cidade.

Este luns pasado arracou o ‘XVII Festival Folclórico Internacional’ que levará música e danza durante os meses de xullo e agosto ás rúas de Vigo. Este mércores ás 20:30 h. as actuacións serán diante do Mercado de Teis; o día 27 en Bembrive, o 28 no Torreiro de Coia e o 29 en Matamá. No mes de agosto, haberá 6 datas máis en San Miguel, Berbés, Porta do Sol, San Andrés de Comesaña, Castrelos e Navia.

Na parte de bandas de música, o día 25 de xullo actuarán a Banda de Bembrive en Bembrive e a Banda de Candeán en Candeán; o día 26 estará Delicias de Cabral en Cabral e a Banda de Beade en Beade.

‘Vigo un Mar de Bandas’

Os concertos do programa “Vigo, un Mar de Bandas”, segue hoxe na Porta do Sol coa Unión Musical de Cabral; o venres 24 será a quenda de Lira San Miguel de Oia; sábado 25 Unión Musical de Coruxo; luns 27 Delicias de Cabral; mércores 29, UVCD de Candeán; xoves 30 Unión Musical Coruxo e o venres, 31 de xullo, Unión Musical Valladares.

Dentro do programa de concertos por barrios, o dia 24 a Banda Delicias de Cabral actúa no xardín da Asociación Veciños de Lavadores.

‘Vente con nós’

Polo que se refire ao ciclo ‘Vente con nós’, que aglutina grupos de música e danza tradicional de Vigo, programa 42 actuacións de 21 grupos. Entre elas, o 24 de xullo, Andarela en Praza Miñoca e Corisco en Praza da Pedra; o 25 de xullo o grupo de gaitas de Cabral nas escaleiras do MARCO e as pandereteiras Alalá diante do Mercado do Calvario; o 26, Ventos de Comesaña en Beade e o grupo de gaitas Pardavila en Rosalía de Castro.

Teatro musical

Vigo ofertará tamén teatro musical coa obra “Rosalía unha vida”, con piano e violín: o día 25 en Cabral, o 26 en Matamá e o 31 na Praza do Berbés.

Danza urbana

O ‘8º encontró de danza urbana Vikul’ desenvólvese o día 24 en Samil, o 27 en Bouzas e o 28 en Samil, na pista de patinaxe.

Para os máis pequenos

Para o público infantil está programada este mes a obra de teatro musical “El pequeño conejo blanco”. A mesmo se representará o día 27 en Castrelos; o 28 en Liñares, San Miguel; o 29 en San Andrés de Comesaña e o 30 en Sárdoma.

También te puede interesar