RGPD - Cookies
'Qué te cuentas?' Galicia

@bngvigo pide que o Goberno local actúe para evitar un ERE na Escola Infantil Atalaia

A concesionaria ten dereito a indemnización, recoñecida polo Concello, logo do perxuizo económico causado pola COVID-19

O BNG de Vigo vén de alertar sobre a «ameaza» de Expediente de Regulación de Emprego (ERE) suspensivo, que paira sobre os 13 traballadores da Escola Infantil Municipal Atalaia.

O concelleiro Xabier P. Igrexas, indica que a adxudicataria da Escola está a promover un ERTE con efectos desde o pasado 15 de xullo e até finais de agosto. Esta decisión tomouse, «a pesar da declaración de imposibilidade de execución de contrato en abril e poder recibir indemnización por parte do Concello».

Igrexas se dirixirá de maneira inmediata ao concelleiro de Educación para que impida un ERE nunha escola infantil municipal. Un expediente que cualificou de «inxustificado e inxusto».

Indemnización garantida polo Concello

O portavoz municipal do Bloque rexeita o ERE, en primeiro lugar, porque desde o 9 de abril a empresa xa conta coa declaración de imposibilidade de execución do contrato. «Nesta situación, de acordo co previsto no artigo 34 do decreto do Estado de alarma, a empresa ten garantido que será indemnizada por parte do Concello«. Por isto «carece de sentido que poña en marcha un ERTE que suporá menos salario e perda de dereitos do seu persoal», explicou.

Atropelo laboral

O BNG esixe una «actuación áxil» por parte do Concello que impida que se materialice este ERE. A xuízo do seu concelleiro, alén dun claro «atropelo laboral», pon en risco o funcionamento da escola. Nese sentido, lembra as declaracións do propio alcalde nas que aseguraba que o seu Goberno estaba a impedir que se producisen ERE nas contratas municipais. «É hora de demostralo», reclaman.

También te puede interesar