RGPD - Cookies
Deportes

O Campo Municipal de @AsNevesConcello obtén a certificación FIFA Quality

O novo céspede axuda á prevención de lesións das xogadoras e xogadores que van a utilizalo

O Campo Municipal de Fútbol ‘Pepe Capón’ das Neves, conta xa coa certificación oficial FIFA Quality Pro.

As probas realizadas por técnicos do Instituto de Biomecánica de Valencia (IBV)determinaron que o novo céspede do estadio cumpre as condicións para obter esta certificación. Ditas probas determinaron a òptima situación do propio terreo de xogo. Dacordo coas mesmas o bote e desprazamento do balón, o drenaxe, durabilidade e resistencia son correctas. Ademaís, e o que é máis importante, o céspede axuda á prevención de lesións das xogadoras e xogadores que van a utilizalo.

200 xogadoras e xogadores

Máis de 200 deportistas, de todas as categorías, dende alevíns ata os integrantes do primeiro equipo,adestrarán e disputarán distintas competicións en este novo céspede.

Preto de 127.000€ de orzamento

O cambio dos 6.842 metros cadrados da herba artificial do campo municipal, que tiña danos moi considerábeis por 14 anos ininterrompidos de uso e por mor dos lumes de hai tres anos, contou cun orzamento de 126.868,50 €. Os mesmos se financiaron coa axuda para bens públicos danados polo incendio de 2017, achegada polo Ministerio de Política Territorial e Función Pública (49%), a aseguradora MAPFRE (23%) e Fondos do Plan Concellos da Deputación (28%).

También te puede interesar