RGPD - Cookies
Cultura Destacados

@festivaldecans ‘blíndase’ contra a Covid-19

Reduce os aforos, o número de ‘jalpóns’, o de entradas e crea un «escudo protector» para as veciñas e veciños máis vellos da aldea

O Festival de Cans, cuxa XVII edición ten previsto celebrarse entre o 2 e o 5 de Setembro, prepara un novedoso formato. O mesmo incorpora medidas para acadar as «máximas garantías de hixiene, seguridade e distanciamento social».

Realizar o festival de xeito moito máis reducido, pero sen perder a esencia e os sinais identificativos do mesmo, é o obxectivo final.

«Escudo protector»

A organización traballa nun concepto de festival onde a premisa máis importantes serán garantir un «escudo protector» sobre as persoas maiores da aldea. Ademaís, haberá unha redución do aforo dos jalpóns a menos da metade. Tamén se eliminarán as actuacións musicais nocturnas no Torreiro. Por último, as actividades estarán centralizadas nun único espazo de aforo limitado e controlado, ubicado na zona do Parque do Río.

Por este motivo evitaranse as proxeccións e actividades naqueles jalpóns onde habiten persoas de maior idade.

Menos ‘jalpóns’ e menos espectadores

O plan do Festival pasa por reducir o número de jalpóns e o aforo dos mesmos, que habitualmente nunha media dunhas 110 persoas, pasaría a un tope de 50 persoas.

Se aplicarían medidas de hixiene e ventilación do espazo, ó que haberá que entrar con mascarilla. Na entrada de cada jalpón, haberá un dispositivo de aplicación de xel hidroalcólico e o público tería dúas vías de acceso diferentes, unha de entrada e outra de saída, para non cruzarse.

Só 200 entradas para matinais e 200 de tarde

Dada a redución de espazo e aforos, só sairán á venda 200 entradas para as proxecións a concurso en sesión matinal e outras 200 entradas en sesión de tarde do sábado 5 de setembro. A isto súmase que haberá un tope de desprazamento de persoas a Cans, limitado a través do acceso nos autobuses habituais desde o centro de O Porriño.

También te puede interesar