Ciencia y Tecnología Destacados

Alertan do peche dunha planta de Pediatría do Cunqueiro

Os profesionais aseguran que a dirección da Área xa sabía desta medida antes das Eleccións

A CIG vén de alertar do peche dunha planta de Pediatría do Hospital Álvaro Cunqueiro. O sindicato asegura que “esta decisión foi anunciada a última hora do martes 14 de xullo para facerse efectiva o mércores 15”.

Evitar críticas durante a campaña electoral

Para os profesionais esta medida supón unha falta de respecto ao persoal do servizo xa que non se lle informou con antelación. Pola súa banda, aseguran, a dirección da Área Sanitaria argumenta a baixa ocupación dende fai semanas. “Se fose así isto xa o sabían e calaron con unha clara intencionalidade, non provocar criticas en período
electoral”.


También te puede interesar