Galicia Sucesos

Descende un 19,4 % o número de denuncias presentadas por violencia de xénero en Galicia

A gran maioría das denuncias (1.060) chegaron aos xulgados a través de atestados policiais con denuncia da vítima

Las denuncias por violencia machista aumentan un 10% en Galicia

Os xulgados galegos recibiron no primeiro trimestre 1.397
denuncias por violencia de xénero, un 19,5 % menos que no mesmo
período do ano pasado, cando se presentaron 1.736.

A gran maioría das denuncias (1.060) chegaron aos xulgados a través de atestados policiais con denuncia da vítima.

Descende tamén, nun 9,9%, o número de mulleres que aparecen como vítimas, ao pasar de 1.520 nos tres primeiros meses do ano pasado, ás 1.370 deste.

Tanto a baixada do número de denuncias como de vítimas reflicten a
incidencia da crise sanitaria da COVID-19, a pesar de que a actividade
dos xulgados de violencia sobre a muller foi declarada esencial e non
quedou afectada pola suspensión dos prazos procesuais nin paralizada e ningún momento.

Dispensa para non declarar

Segundo os datos estatísticos feitos públicos hoxe polo Observatorio
contra a Violencia Doméstica e de Xénero
do Consello Xeral do Poder
Xudicial (CXPX), en Galicia os casos de vítimas que se acolleron á
dispensa para non declarar aumentou un 62,7 %
. Se nos tres primeiros
meses de 2019 optaron por esta opción 75 mulleres, no mesmo período de 2020 fixérono 122, é dicir, o 8,9 % das vítimas.

Segunda comunidade coa taxa de violencia machista máis baixa do Estado

Galicia situouse como a segunda comunidade coas taxa de violencia de
xénero (mulleres vítimas por cada 10.000 mulleres) máis baixa do
Estado, con 9,8 persoas, fronte ás 14,4 de media estatal.

Durante o primeiro trimestre do ano solicitáronse 529 ordes de protección nos órganos xudiciais da comunidade, fronte ás 433 de 2019, o que supón un aumento do 22,2 %. Das 529 adoptáronse 360, o 68,5 %.

Preto do 80% dos agresores, condenados

O 79,9 % das persoas axuizadas na comunidade galega por delitos
relacionados con violencia de xénero entre o 1 de xaneiro e o 31 de
marzo deste ano foron condenadas. Este dato sitúa á comunidade por
baixo da media estatal, que é do 87,26 %.

También te puede interesar