Galicia Vigo al minuto

A abstención nas eleccións deste domingo foi a máis alta dos últimos 23 anos

En Vigo a participación baixou en preto de 6 puntos

Abstención Eleccións Galicia 2020

 A abstención nas Eleccións ao Parlamento de Galicia foi do 41,12%, a máis alta dos últimos 23 anos.

Segundo os datos, logo de rematar o reconto- e a falta do procedente da emigración- onte votaron 1.315.510 galegos, o que supón unha participación do 58,88%.

Nas Eleccións galegas de 1997, a abstención foi do 33,7%; en 2001, do 35,8%; en 2005, o 32,5%; en 2009, o 29,54%-a máis baixa da historia- en 2012, do 36,2%; e en 2016, a abstención foi do 36,25%.

Por provincias, Ourense a que máis votou

A participación máis alta onte foi a dos cidadáns da provincia de Ourense, un 60,79% -cun 39,21% de abstención-.

En Lugo votou o 59,97% dos cidadáns-polo cal a abstención foi do 40,03%-; na provincia de Pontevedra, a participación foi do 58,95% e a abstención do 41,04%– e na provincia da Coruña, a participación no pasou do 57,97% -cunha abstención do 41,03%-.

Ferrol a cidade que menos votou e Santiago a que máis

Os ferroláns foron os que menos pasaron polas urnas, a participación na cidade foi do 55,25% e a abstención do 44,75%. En Ourense votaron o 56,49% das veciñas e veciños e abstivéronse o 43,51%. Na Coruña a participación foi do 56,97% e a abstención do 43,03%; en Lugo abstívose o 42,75% dos votantes e participou o 57,25% e a maior concurrencia aos colexios electorais acadouse en Santiago cunha participación do 63,14% e unha abstención do 36,86.

A abstención subiu en Vigo 6 puntos

E o fixo en casi 6 puntos-exactamente en 5,94-. Onte votaron na cidade 136.513 persoas, o 57,18% do censo electoral e abstivéronse 102.238, o 42,82%.

Hai catro anos a participación nas Eleccións ao Parlamento de Galicia foi do 63,12% e a abstención do 36,88.

También te puede interesar