RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología Destacados

Médicos galegos alertan de que as medidas ante o ‘rebrote’ na Mariña responden a «cálculos non sanitarios»

Aseguran que os profesionais non terán en conta criterios que se aparten da evidencia científica

A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec), que agrupa a máis de 1.000 médicos de familia galegos, veuse sorprendida nestes últimos días pola «curiosa medida de
confinamento»
da Mariña lucense
ante o rebrote de Coronavirus.

Os médicos sinalan que a sorpresa non é tanto pola medida senón pola súa «sospeitosa duración». Ao seu xuízo, a mesma «semella obedecer a cálculos non sanitarios».

Os profesionais sinalan que «aínda así, os médicos de familia da zona van seguir aplicando con toda profesionalidade os protocolos clínicos». Para iso non terán en conta consideracións ou criterios que se aparten da evidencia científica.

Confianza nos médicos

Dende a Agamfec manifestan a súa confianza nos compañeiros e compañeiras médicos de familia desa área. Aseguran que «seguen a exercer as súas competencias cun rigor e profesionalidade que, ás veces, botamos en falta nos responsables políticos».

Para estes profesionais queda demontrado que a Atención Primaria é máis necesaria que nunca nesta pandemia.

También te puede interesar