RGPD - Cookies
'Qué te cuentas?' Cultura

Aberta a inscrición para os Obradoiros infantís no MARCO

Están dirixidos a público infantil de entre 6 e 12 anos

Durante este mes de xullo, o MARCO ofrece un programa especial de obradoiros de verán dirixidos a público infantil de entre 6 e 12 anos.

A proposta está deseñada «tendo moi en conta as normas e medidas sanitarias de seguridade e protección post Covid-19». As actividades, que terán lugar ao aire libre (praza peonil posterior) complétanse con percorridos específicos por espazos interiores e polas exposicións de Manuel Colmeiro e Yolanda Herranz.

Se ben cada sesión é independiente, o programa e contidos articúlanse ao redor de catro fíos temáticos: espazos exteriores/interiores, retratos/autorretratos, obxectos animados, e relatos/comunicación.

Gratuitos previa inscrición

As datas dos obradoiros abranguen do 8 ao 31 de xullo, de martes a venres e de 12:00 a 14:00 h. As actividades son gratuitas, previa inscrición, e teñen un aforo máximo de 15 persoas.

As inscricións poden facerse no teléfono 986 113900 ext. 100; mediante correo electrónico ao enderezo [email protected] / ou persoalmente na taquilla do MARCO (de martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00; domingos de 11.00 a 14.30). Máximo inscrición: 2 participantes por adulto

Normas de acceso e medidas sanitarias

Uso obrigatorio de máscara; distancia mínima interpersoal; desinfección de materiais e uso de xel hidroalcohólico e prohibición de consumir alimentos e bebidas durante o obradoiro.

También te puede interesar