Galicia Vigo al minuto

@Xunta adxudica o proxecto para construir 1.600 vivendas protexidas en Navia

Prevé la urbanización de 265.000 m2

A Xunta vén de adxudicar a redacción do proxecto de urbanización do ámbito de San Paio de Navia. No mesmo contempla a construción de 1.600 novas vivendas protexidas.

O obxectivo é planificar as obras de urbanización dos 265.000 metros cadrados do ámbito una vez completada a súa ampliación.

Así o explicou este venres en Vigo a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Ángeles Vázquez indicou que en xaneiro de 2018 o Goberno local vigués aprobou inicialmente a modificación do plan
parcial de San Paio de Navia que permitiría a ampliación do solo residencial. Sen embargo, como lembrou, case dous anos e medio
despois esta modificación aínda non foi ratificada de forma definitiva polo Concello.

Actualmente a Xunta, a través do IGVS, é propietaria de arredor de 130.000 metros cadrados en Navia, o que supón case o 50% do ámbito.

Logo da aprobación inicial da modificación do Plan Parcial, realizouse unha oferta pública de permuta de solo poredificabilidade o que se traduciu en acordos con varios propietarios para a adquisición
doutros 42.000 metros cadrados.

“O atraso do Concello na aprobación do Plan Parcial obrigou á
Xunta a renegociar a vixencia destes acordos”
, sinalou a conselleira. Unha vez estea aprobado definitivamente o plan parcial e rematada a fase de permuta, poderase proceder á expropiación dos terreos do primeiro polígono de San Paio de Navia que non foran adquiridos anteriormente. Para esta actuación a Xunta ten reservados nos
orzamentos deste ano 6 millóns de euros.

También te puede interesar