Galicia Vigo al minuto

Feijóo repetiría maioría e o BNG empataría co PSOE se as Eleccións Galegas fosen hoxe

Ana Pontón estaría a 1,4 puntos de Gonzalo Caballero, e cos mesmos escanos:14

Ana Pontón BNG

Segundo o ‘traking’ diario de Sondaxe, publicado este mércores por La Voz de Galicia, se as eleccións ao Parlamento de Galicia fosen hoxe, Alberto Núñez Feijóo obtería unha nova maioría absoluta.

A súa candidatura lograría o 47,3% dos votos que se traduciría en 41 deputados. En 2016 obtivo o 47,56% e os mesmos escanos.

O PSdG-PSOE, tería o apoio do 18,3% do electorado e 14 deputados. Hai catro anos lograra o 17,87% dos sufraxios e, tamén, 14 escanos.

O BNG, de Ana Pontón, subiría ata o 16,9% de respaldo electoral e 14 deputados. En 2016 o Bloque tivo un 8,33% dos votos e 6 representantes.

Galicia en Común-Podemos, sería o cuarto grupo con representación no Parlamento, con 6 deputados en o 8,7% dos votos. Nin Ciudadanos nin a dereita extrema tendrían representación na Cámara Galega.

También te puede interesar