Cultura Destacados

@bngvigo propón quitar o busto de Xoan Carlos I da entrada do Concello

Tamén pedirá ao Pleno o cambio de nome da ‘Praza do Rei’

O BNG levará esta semana ao Pleno da Corporación unha moción para instar a que se retire o busto do rei emérito Xoán Carlos I da entrada do Concello. Ademáis, o Bloque pedirá que se inicie o proceso para mudar o nome da ‘Praza do Rei’.

Xabier P. Igrexas, concelleiro do BNG, indica que os «comportamentos presuntamente corruptos e inmorais, como os que están a envolver ao rei emérito, merecen na nosa cidade o reproche e rexeitamento democrático».

Para o BNG é inconcebibel, ademáis, que «en Pleno século XXI, a Xegatura do Estado poida seguir asumida por razón de nacemento».

O concelleiro do Bloque, que tamén pide a retirada das imaxes de Xoán Carlos de Borbón de todos os edificios muncipais , asegura que 6 de cada 10 vigueses prefiren un modelo de estado republicano a unha «monarquía anacrónica»

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.