Comarcas Vigo al minuto

@depo_es pon en marcha a segunda convocatoria do plan ‘Labora 2020’

En total, 435 persoas sen emprego van poder participar nesta edición

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar a contratación do servizo de formación para a segunda convocatoria de “Labora 2020”.

Carmela Silva salientou que “o emprego segue a ser unha das grandes preocupacións das administracións públicas» e lembrou que se trata dunha proposta financiada polo Fondo Social Europeo.

O orzamento deste segundo contrato é de case 2.,4 millóns, mentres que a inversión total do proxecto ascende a 5.

29 accións formativas

Con este segundo contrato do proxecto ‘Labora 2020’ preténdese desenvolver 29 accións formativas. As mesmas están incluídas en catro itinerarios de formación: atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais; atenciónsociosanitaria a persoas no domicilio; docencia da formación profesional para emprego e xestión de chamadas de teleasistencia.

O obxetivo é que as persoas desempregadas máis vulnerable poidan ter a formación necesaria para “situacións e empregos que hoxe van ter unha enorme demanda”.

As accións formativas desenvolveranse ó longo do ano 2021 nos concellos de Cambados, Lalín, Moaña, Mos, Pontevedra, Vigo, O Porriño, Valga, A Guarda, Cangas e Vilagarcía.

435 persoas desempregadas

En total, 435 persoas sen emprego van poder participar nestes cursos, que serán presenciais e contarán con axudas para desprazamentos.

“Esta é a aposta da Deputación para favorecer a empregabilidade das persoas máis vulnerables», sinalou a presidenta. Carmela Silva enumerou entre elas a maiores de 55 anos, persoas con diversidade funcional, migrantes, minorías étnicas e comunidades marxinadas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.