RGPD - Cookies
Galicia Vigo al minuto

@depo_es lanza unha impactante campaña por unha xestión correcta dos residuos da Covid-19

Carmela Silva lembra que unha mascarilla tarda 400 anos en descompoñerse

A presidenta da Deputación anunciou este venres a posta en
marcha dunha campaña para garantir o mellor tratamentos dos residuos de protección contra o coronavirus.

‘Responsabilízate’

Co lema de “Responsabilízate”, a campaña apela á responsabilidade individual á hora de desfacerse do material de protección como mascarillas, luvas ou botes de hidroxel.

‘Aquí, non’

Imaxes de impacto amosan praias, parques e bosques onde non se pode arroxar o material sanitario. “Aquí non”, lembra que mascarillas e luvas non son reciclables e deben depositarse no contedor de descarte, de cor verde ou gris, segundo o concello. Tamén, que os botes
baleiros de xeles desinfectantes deben deixarse no contedor amarelo
xunto ao resto de envases de produtos de limpeza.

A presidenta da Deputación sinalou os moitos danos que estes residuos sanitarios ocasionan ao medio ambiente. «Unha mascarilla tarda ao redor de 400 anos en descompoñerse na natureza», comentou, e engadiu que as lubas son altamente contaminantes se rematan no fondo do mar.

«So España fabricará durante o mes de xullo máis de 100 millóns de mascarillas«, indicou e por iso é esencial desbotalalas correctamente.

Carmela Silva fixo un chamamento á cidadanía afirmando que «pandemias globais como esta tamén teñen moito que ver coa perda da biodiversidade e o mal uso dos recursos”.

También te puede interesar