Comarcas Vigo al minuto

@depo_es e Museo Marco impulsan a visibilización da muller no campo das artes

Este convenio para sufragar gastos de produción de exposicións, programación de conferencias, textos e visitas guiadas e a adquisición de obras

A Deputación de Pontevedra vén de asinar o convenio de colaboración coa Fundación MARCO de Vigo para potenciar a igualdade e a visibilidade de muller no ámbito das artes.

Este convenio está dotado con 50.000€ e procurará sufragar gastos de produción de exposicións, programación de conferencias, textos e visitas guiadas e a adquisición de obras.

No acto de sinatura interviñeron a presidenta do ente provincial, Carmela Silva, e o presidente da Fundación MARCO e alcalde de Vigo.

«Visibilizar ás mulleres»

«Temos que visibilizar as mulleres na arte, facer que pasen da súa calidade recoñecida a que sexa coñecida polo conxunto da cidadanía», expuxo Carmela Silva. A presidenta provincial engadiu que «fai xa moito tempo que a Deputación de Pontevedra non participaba activamente neste museo, que é unha grande referencia, non só de Vigo, senón de Pontevedra e toda Galicia». Respecto ao convenio, sinalou que «vai permitir que o Marco teña máis actividade da que xa ten programada».

A Deputación volve ao MARCO

Pola súa banda, Abel Caballero tamén fixo fincapé á relevancia deste convenio. «Hoxe prodúcese a reincorporación da Deputación á mobilización cultural do MARCO de forma directa«.

Compromiso pola igualdade e a pluralidade

O convenio de promoción da muller na arte reflicte o compromiso que a Deputación e a Fundación MARCO manteñen coa cultura, a igualdade e a pluralidade.

En concreto, as accións que permitirá desenvolver este convenio serán a edición e produción de exposicións de  Yolanda Herranz e Celeste Garrido; deseño, maquetaxe, edición e impresión das publicacións dedicadas a estas dúas autoras; a adquisición da obra de Sofía Madrigal e  Berta Cáccamo; e a posta en marcha de conferencias, textos e visitas relacionadas coas exposicións.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.