Os logopedas do servizo de Rehabilitación do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo foron os únicos de Galicia que atenderon aos pacientes con Covid-19 nas mesmas Unidades de Críticos durante a fase aguda da pandemia.
O obxecto desta intervención foi valorar a disfaxia nestes pacientes (dificultade para tragar) e a viabilidade de pasar á alimentación oral.
Disfaxia
A disfaxia é unha secuela en pacientes intubados, con respiración asistida, e canto máis longo é o tempo de intubación máis alto é o risco de padecela.
O logopeda Javier Bueno explica que «temos deseñado un protocolo de actuación é unha vez os pacientes son extubados». Logo de retirar a cánula, «estudamos as dificultades na deglutición para dar o salto da alimentación enteral ou parenteral á dieta oral» .
Terapias para exercitar a musculatura
Os logopedas realizan unha valoración de adaptación á dieta – elixindo a textura axeitada para que poidan tragar- e fan un estudo sobre a conveniencia de modificar o posicionamento ou hixiene postural do paciente para mellorar a súa deglutición.
Dez pacientes con coronavirus
Polo de agora, os logopedas levan tratados a unha decea pacientes con Covid19 nas mesmas Unidades de críticos. Ademais, á maioría dos críticos dados de alta se lles continúa realizando as terapia unha vez ingresados en planta.
Medio millar de pacientes atendidos
Na actualidade, o Chuvi conta con 5 logopedas que asisten a pacientes ambulatorios e ingresados. O pasado ano atenderon a mais de 500 pacientes hospitalizados. A maior parte deles tiñan dificultades na deglutición, se ben tamén abordan os problemas da linguaxe, fala e voz. En torno a 70 destes enfermos foron atendidos nas unidades de críticos.
Casos de ictus e patoloxías dexenerativas
Moitos destes pacientes presentan alteración neurolóxicas, como ictus ou patoloxías neurodexerenerativas. Asimismo, tamén é habitual a súa intervención en enfermos con cancro, patoloxías respiratorias ou traumatismos.
Aproximadamente, un terzo dos doentes conseguiron a recuperación funcional destes problemas durante o ingreso hospitalario, non requirindo de ningunha intervención posterior.