Ciencia y Tecnología Destacados

Os logopedas do Cunqueiro atenderon aos pacientes de coronavirus na mesma planta de ‘críticos’

Foron os únicos de Galicia que o fixeron durante a fase aguda da pandemia

Os logopedas do servizo de Rehabilitación do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo foron os únicos de Galicia que atenderon aos pacientes con Covid-19 nas mesmas Unidades de Críticos durante a fase aguda da pandemia.

O obxecto desta intervención foi valorar  a disfaxia nestes pacientes (dificultade para tragar) e a viabilidade de pasar á alimentación oral.

Disfaxia

A disfaxia é unha secuela en pacientes intubados, con respiración asistida, e canto máis longo é o tempo de intubación máis alto é o risco de padecela.

O logopeda Javier Bueno explica que «temos deseñado un protocolo de actuación é  unha vez os pacientes son extubados». Logo de retirar a cánula, «estudamos as dificultades na deglutición para dar o salto da alimentación enteral ou parenteral á dieta oral» .

Terapias para exercitar a musculatura

Os logopedas realizan unha valoración de adaptación á dieta – elixindo a textura axeitada para que poidan tragar- e fan un estudo sobre a conveniencia de modificar o  posicionamento ou hixiene postural do paciente para mellorar a súa deglutición.

Dez pacientes con coronavirus

Polo de agora, os logopedas levan tratados a unha decea pacientes con Covid19 nas mesmas Unidades de críticos. Ademais, á maioría dos críticos dados de alta se lles continúa realizando as terapia unha vez ingresados en planta.

Medio millar de pacientes atendidos

Na actualidade, o Chuvi conta con 5 logopedas que asisten a pacientes ambulatorios e ingresados. O pasado ano atenderon a mais de 500 pacientes hospitalizados. A maior parte deles tiñan dificultades na deglutición, se ben tamén abordan os problemas da linguaxe, fala e voz. En torno a 70 destes enfermos foron atendidos nas unidades de críticos.

Casos de ictus e patoloxías dexenerativas

Moitos destes pacientes presentan alteración neurolóxicas, como ictus ou patoloxías neurodexerenerativas. Asimismo, tamén é habitual a súa intervención en enfermos con cancro, patoloxías respiratorias ou traumatismos.

Aproximadamente, un terzo dos doentes conseguiron a recuperación funcional destes problemas durante o ingreso hospitalario, non requirindo de ningunha intervención posterior.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.