RGPD - Cookies
Vigo al día

Aprazado o pago do lixo e o Imposto de Circulación en Vigo

Os novos prazos chegan ata setembro e outubro

O Concello de Vigo aprazou, de novo o pago de varias taxas e impostos municipais de este ano 2020.

Lixo

A taxa de lixo deberá pagarse entre o 30 de xullo e o 5 de outubro, cando en condicións normais estaría cobrándose en maio. Anteriormente xa fora aprazado do 6 de xullo ao 7 de setembro.

No caso da taxa de lixo comercial, o prazo pasa a ser do 3 de agosto ao 5 de outubro, posto que en condicións normais estaría en cobro en xullo e agosto.

Imposto de Circulación

Tamén se adía o imposto de vehículos e pasa a ser do 30 de xullo ao 5 de outubro. En condicións normais, debería estar ao cobro en maio e xa fora aprazado do 6 de xullo ao 7 de setembro.

Contribución

O Imposto de Bens Inmobles ( IBI) a popular ‘contribución’, e o Imposto de Actividades Econóimicas (IAE), mantén os prazos do 1 de setembro ao 5 de novembro.

También te puede interesar