A Asociación Veciñal de Teis, vén de denunciar a «falta de mantemento e o abandono do parque da Guía», unha das zonas verdes máis importantes da cidade.
«A vexetación invade todo o parque incluso os sendeiros, o sebe está sen cortar, as varandas tamén necesitan mantemento, pois é visible o oxido«.
Escritos no Concello
O pasado 9 de xuño esta Asociación, presentou sendos escritos dirixidos ao Concelleiro de Parques e Xardíns. «Aos poucos días comprobamos que se procede a actuar unicamente na avenida de Dona Fermina, a vía principal de aceso ao parque e o mirador, pero deixando o resto do parque na mesma situación».
Piden que o alcalde visite o parque e vexa o «abandono»
Ante este «estado de abandono», os veciños piden que o concelleiro de Parques e Xardíns e Abel Caballero, visiten o parque da Guía e comproben o mesmo.
Diante desta situación, ademais de solicitar unha actuación urxente no parque, os reponsábeis da asociación piden unha xuntanza co concelleiro de Parques e Xardíns. En concreto queren tratar con el a situación dos grandes parques de Teis, A Guía e A Riouxa, «que están abandonados».