'Qué te cuentas?' Galicia

Concentración este martes diante da Xunta en Vigo para esixir a creación dunha Renda Básica

Será ás 11:00h. e dará saída á campaña ‘Nin RISGA, nin Ingreso Mínimo Vital, Renda Básica XA!’

Os colectivos asinantes da campaña: “Nin RISGA, nin Ingreso Mínimo Vital, Renda Básica XA!” convocan concentracións simultáneas en A Coruña, Compostela e Vigo para este martes 23 de xuño.

En Vigo será ás 11:00h. diante da Delegación da Xunta, na rúa Concepción Arenal.

O motivo destas convocatorias e presentar a proposta para que a renda básica serva de base a unhas novas políticas sociais no país.

Inacción da Xunta

Estes colectivos subliñan que o ‘Estado de Alarma’ deixou en evidencia a inacción da Xunta, “algo que por desgraza viñamos padecendo de antes e que tras este perído quedou ao descuberto”.

Mentres, indican, “a desescalada acelérase e a máquina das eleccións ponse en marcha como si nada tivera pasado nestes meses”.

Ao seu xuízo, a políticas impulsadas en Galicia neste tempo son “minúsculas en comparación coa magnitude da crise sanitaria, económica e social que estamos a vivir”. Queda claro que non todas as vidas importan para o poder.

También te puede interesar