RGPD - Cookies
Vigo al día

@bngvigo cualifica de disparate que o alcalde queira prohibir o consumo de alimentos nas praias

O BNG quere saber cal é a base científica desta medida

Abel Caballero en la playa

Xabier P. Igrexas, concelleiro do BNG de Vigo cualificou hoxe de «anuncio disparatado» e «ocurrencia», a intención adiantada polo alcalde de prohibir o consumo de alimentos nas praias da cidade.

Para o concelleiro trátase dunha proposta “insólita” baseada nunha suposta recomendación sanitaria. «É dificil entender de o motivo polo cal as nenas e nenos non van a poder merendar na praia», apuntou o concelleiro.

Diante desta decisión «tan sorprendente», o Bloque ten previsto preguntar esta semana, na Comisión municipal de Medio Ambiente, cal é a «fundamentación científica» desta prohibición.

Igrexas rexeitou este tipo de anuncios e que o alcalde pretenda gobernar «a golpe de ocurrencia e de querer engordar o ciclo de noticias».

O BNG non existe no Concello

Se cadra o feito de que non se poda comer na praia non é o máis asombroso. Pode que o sexa a resposta do alcalde, ata tres veces:«neste Pleno non existe grupo do Bloque Nacionalista Galego».

https://www.vigoalminuto.com/wp-content/uploads/2020/06/220620-Preguntas-Porta-do-Sol_Playas_Porta-do-Sol-1.mp3

También te puede interesar