'Qué te cuentas?' Galicia

Adxudicadas as obras de acceso aos hospitais Meixoeiro e Nicolás Peña

As obras empezarán en xullo e estarán rematadas este ano

Licitado o proxecto para a creación da Unidade Maxilofacial no Hospital Meixoeiro de Vigo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de mellora dos accesos aos hospitais Meixoeiro e Nicolás Peña.

Os traballos contan cun orzamento de 563.800€ e empezarán o mes de xullo. O obxectivo é poder telos rematados a finais deste ano

Estas obras servirán para reforzar a seguridade viaria e a accesibilidade a estes hospitais. Para iso, actuarase nos viarios interiores coa renovación do firme, beirarrúas e entradas, ademais de crear 23 pasos de peóns.

Meixoiero

No Meixoeiro habilitarase un novo viario para facilitar as comunicacións dentro do propio recinto. Será un treito que facilitará a subministración ao propio hospital, evitando que os vehículos que traen o material necesario teñan que saír marcha atrás ou por dirección prohibida.

Nicolás Peña

Os traballos servirán para mellorar o aparcadoiro, actuando tamén nos itinerarios peonís para facilitar os desprazamentos a pé dos usuarios.

También te puede interesar