A oposición ao Goberno local do Porriño vén de denunciar que «a maleza invade os viais e camiños municipais, sendo en moitos puntos intransitables».
A este feito súmase que «en moitos casos un evidente risco para a seguridade de peóns e condutores e agrava o perigo de incendio».
Traballos adxudicados a Urbaser
Alejandro Lorenzo, vocieiro municipal do Partido Popular lembra que os traballos de eliminación da maleza e limpeza de viais e de limpeza diaria parques infantís e xardíns foron adxudicados definitivamente, por acordo plenario do pasado 27 de maio, á entidade Urbaser sen que a día de hoxe o Goberno Municipal fixera efectiva a concesión.
«É inasumible e inxustificable que o Goberno Municipal continúe contratando a dedo para levar a cabo estes traballos á mesma empresa que á que se lle retirou a concesión por incumprir os pregos do contrato», denuncia Lorenzo.,
O voceiro popular subliña que «todas e cada unha das parroquias están totalmente abandonadas a pesar de que os veciños do rural pagamos este servizo cos nosos impostos».