Ciencia y Tecnología Destacados

A Xunta deixa a Coruxo sen pediatra e suprime a atención de tarde en Navia Coia, Casco Vello e Lavadores

O BNG de Vigo alerta dos recortes de Feijóo xusto despois da crise do coronavirus

O Bloque Nacionalista Galego criticou a nova «vaga de recortes» asistenciais na sanidade pública en Vigo.

O concelleiro do BNG, Xabier P. Igrexas cualifica de «intolerábeis» os mesmos que volverán deixar a parroquia de Coruxo sen pediatra e suprimirán a atención pediátrica pola tarde nos centros de saúde de Navia, Coia, Lavadores e Casco Vello.

Recortes de Feijóo logo de 3 meses de coronavirus

Igrexas considera especialmente grave que estes recortes teñan lugar despois de tres meses da crise sanitaria por causa do coronavirus.

O concelleiro lembra que nestes meses «se suspenderon moitas citas e non se realizaron algunhas revisións pediátricas«.

Aliás, o edil do BNG advertiu de que a falla de atención nos centros de saúde provocará a saturación do Punto de Atención Continuada (PAC). A este punto, malia non haber Pediatra se derivan as urxencias sen cita, ou o servizo de urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.