Comarcas

@depo_es aproba un orzamento de 3 millóns para 13 concellos da provincia

Beneficiarán a Arbo, Baiona, Cambados, A Estrada, A Lama, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Vilaboa, Barro, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, A Guarda, Lalín, Mondariz-Balneario e Mos

O Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou novos investimentos por case 3 millóns de euros no marco do #PlanConcellos2020.

Son Arbo, Baiona, Cambados, A Estrada, A Lama, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Vilaboa, Barro, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, A Guarda, Lalín, Mondariz-Balneario e Mos.

Once das achegas corresponden á liña 1 de investimentos do plan provincial.

#Baiona
Así, para Baiona aprobáronse dúas subvencións, unha de 95.741,25€
para equipamento de xestión de accesos ao aparcadoiro de Aral. Outra de 60.591,96€ para a mellora da pavimentación e seguridade viaria da rúa Urgal, en Belesar.

#Arbo
En canto a Arbo, unha achega de 90.978,94€ para financiar o
ensanche e mellora do Camiño Urzal e A Civida.

#Cambados
Recibirá dúas subvencións, unha de 147.767€ para a mellora da pavimentación en camiños rurais. Outra de 112.559,46 epara a reurbanización da Rúa Nova.

#Salceda

Aprobouse unha achega de 92.923,65€ para a pavimentación da estrada do polígono do Cerquido ás escolas de Budiño.

#AEstrada

Destina case 800.000€ que lle corresponden para financiar a pavimentación de diferentes viarios rurais.

#A Lama

Recibirá 119.209,50€ para o acondicionamento e ampliación do edificio do Concello.

#Vilaboa

Unha achega de 140.268,17€ para a pavimentación e drenaxe en Croas, Uveiras e Paredes.

#Salvaterra de Miño
recibirá dúas novas achegas, a primeira de 60.352,12€ para o
saneamento en Lodeiro, Martín e Poza e Cerdeiral e a segunda de 60.151,85 para a mellora da pavimentación en Costa e Arantei-Entenza.

Cerdedo-Cotobade, Mos, Forcarei, Mondariz-Balneario, Barro,
Lalín e A Guarda

Amais do referido á liña 1 do Plan Concellos 2020 o goberno tamén deu conta “da modificación de sete achegas da liña 3 para adaptar o persoal ás necesidades orixinadas trala crise da COVID-19”.

Cerdedo-Cotobade, Mos, Forcarei, Mondariz-Balneario, Barro, Lalín e A Guarda solicitaron este cambio.

En total, estas achegas suman 1.178.455,84€ e servirán para que os
concellos contraten a 122 traballadores/as.

También te puede interesar