Galicia Vigo al minuto

@Xunta transfire 400.000€ para investimentos no Casco Vello de Vigo

Os fondos corresponden á anualidade 2020

A Xunta de Galicia, vén de transferir ao Consorcio do Casco Vello de Vigo un total de 400.000 € destinados a incrementar os investimentos para este ano.

O convenio asinado entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e o Concello no ano 2017 prevía unha achega de 200.000€ por parte da Xunta para as anualidades 2020 e 2021. Unha modificación posterior do convenio, aprobada polo Goberno galego a finais do ano pasado, estableceu que a aportación sería o dobre, 400.000€ anuais.

Os fondos correspondentes á anualidade 2020 xa están en poder do Consorcio.

También te puede interesar