RGPD - Cookies
Galicia Vigo al día

Galicia despide unha primavera moi cálida con precipitacións normais

O mes de maio foi o máis cálido dende hai 59 anos

Galicia viviu unha primavera climatolóxica moi cálida e normal en canto ás precipitacións.

Estas foron as principais características, segundo o informe estacional elaborado por MeteoGalicia.

Mínimas moito máis cálidas do normal

Así, a temperatura da primavera de 2020 (meses de marzo, abril e maio) foi moi cálida, con unha anomalía positiva na temperatura media de +1.68 ºC.

Os tres meses estiveron caracterizados por tempo cambiante, pero en xeral os días de frío foron suaves, con mínimas moito máis cálidas do normal.

Marzo estivo caracterizado pola variabilidade e a diversidade de situacións. A anomalía media da temperatura foi de +0.32 ºC, o que fai que o mes poida considerarse como lixeiramente cálido.

Este valor debeuse principalmente ás temperaturas
mínimas que resultaron cálidas (anomalía de +0.63 ºC),xa que as máximas se mantiveron dentro do rango normal (anomalía de +0.02 ºC).

O mes de abril quedou caracterizado por un tempo moi cambiante tamén, pero cun predominio da inestabilidade atmosférica.

Isto explica as grandes anomalías de temperatura, con valores diúrnos normais mentres que as mínimas foron moito máis elevadas do agardado (anomalía de +2.31 ºC).

O mes de maio máis cálido en 59 anos

A primavera rematou cun mes de maio extremadamente cálido, pero con dúas metades ben diferenciadas: a primeira quincena estivo caracterizada polo tempo irregular e cambiante, que foi bastante suave.

Pola contra, na segunda, a estabilidade foi a predominante,
deixando tempo seco e con temperaturas moi elevadas.


A media de maio foi de +3.32 ºC, converténdoo no maio máis cálido rexistrado en toda a serie dende 1961.


Precipitacións normais da primavera

Polo que respecta ás precipitacións, a pasada primavera moveuse dentro da normalidade.

Se as comparamos co período de referencia 1981-2010, tivemos un marzo e abril normal e un maiomoi seco.

O informe de MeteoGalicia conclúe que a cantidade de chuvia media recollida foi de 307 litros por metro cadrado.

También te puede interesar