RGPD - Cookies
Vigo al día

@odscoia abre en Vigo un punto de información sobre a tramitación do Ingreso Mínimo Vital

Funciona dende este mércores, día 3 de xuño

Este pasado luns, día 1 de xuño, publicouse no BOE o Decreto Lei que pon en marcha o Ingreso Mínimo Vital (IMV). Trátase dunha prestación non contributiva da Seguridade Social que ten por obxecto garantir uns mínimos recursos ás persoas que carezan deles.

A ODS-Coia e a parroquia do Cristo da Vitoria habilitan, desde o mércores 3 de xuño, un punto de información sobre o Ingreso Mínimo Vital.

Os interesados en coñecer máis sobre esta nova medida -que poderá solicitarse a partires do día 15- poden acudir aos locais da parroquia, na rúa Baiona 9 en Coia, os luns de 10:00 a 12:00 e os mércores de 17:00 a 19:00.

También te puede interesar