Comarcas

@depo_es reralizará preto de 500 obras en 54 concellos por medio do ‘Plan Móvese’

O investimento total nas estradas da provincia será de 2,5 millóns

A Deputación adxudica as obras da estrada entre Viso e Hío, en Cangas, para "transformala nunha estrada do século XXI"

O goberno da Deputación aprobará este venres a terceira
edición do ‘Plan Móvese’, deseñado un ano máis co modelo de priorización das persoas por enriba dos vehículos.

Móvese III significará en ano e medio un investimento total nas estradas provinciais de 2,5 millóns de euros, un millón de euros no que queda deste ano e 1,5 millóns en 2021.

Elo traducirase na execución de 478 obras que beneficiarán a 54 concellos da provincia.

«De feito, cada vez son máis os concellos adheridos a este Plan», sinalan dende a Deputación. O mesmo suporá, na súa maior parte, a construción de Pasos Peonís Sobreelevados (PPS) e Redutores Físicos de
Velocidade dos Vehículos (RFVV)
, naquelas zonas nas que non é convinte sobreelevar ou en tramos sen pasos peonís pero con escasa visibilidade.

Os concellos que se suman este ano son Forcarei, Oia, Vila de Cruces, Campo Lameiro e Vilagarcía de Arousa.

Para a elaboración do Móvese III, a Deputación contou cun estudio de
campo pormenorizado, que se fixo durante ano e medio, dos case 2.000 pasos peonís.

Esta terceira edición do Plan tamén incluirá proxectos de seguridade viaria decididos pola propia Deputación.

O balance dos Plans Móvese supón un investimento da Deputación de ata 7 millóns de euros nas case 1.500 actuacións planificadas e
executadas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.