A Asociación Veciñal de Teis dirixiuse por escrito ao Concello e a Xunta para esixir o mantemento do espazos públicos na ETEA.
Parque publico
Segundo os veciños, as zonas verdes están abandonadas, a vexetación invade o parque, hai lixo no chan, as papeleiras non se baleiran.
«É necesario que se realice periodicamente o mantemento deste parque e dos espazos verdes». O parque público,construíno a Consellería de Infraestruturas en 2013.
Paseo marítimo e peirao
O paseo marítimo, realizado polo Concello en 2011, «carece de papeleiras, non se realiza mantemento habitual do mesmo e abunda a vexetación».
A Asociación veciñal denuncia que ademais o paseo bordea a Praia da Punta e o firme esta moi deteriorado.
A Asociación Veciñal de Teis, acusa á Xunta e o Concello da situación de «abandono do parque público, do paseo marítimo e do peirao da ETEA».
Para os veciños, «a falta de coordinación e entendemento entre ambas administracións só prexudica a veciñanza de Teis».