Galicia Vigo al minuto

A Asociación Veciñal de Teis acusa á Xunta e ao Concello do abandono dos espazos públicos da ETEA

Os veciños lamentan o mal estado do parque público, o paseo marítimo e o peirao

ETEA Vigo abandono

A Asociación Veciñal de Teis dirixiuse por escrito ao Concello e a Xunta para esixir o mantemento do espazos públicos na ETEA.

Etea Vigo abandono

Parque publico

Segundo os veciños, as zonas verdes están abandonadas, a vexetación invade o parque, hai lixo no chan, as papeleiras non se baleiran.

«É necesario que se realice periodicamente o mantemento deste parque   e  dos espazos verdes».  O parque público,construíno a Consellería de Infraestruturas en 2013.

Etea Vigo abandono

Paseo marítimo e peirao

O paseo marítimo, realizado polo Concello en 2011, «carece de papeleiras, non se realiza mantemento habitual do mesmo e abunda a vexetación».

A Asociación veciñal denuncia que ademais o paseo bordea a Praia da Punta e o firme esta moi deteriorado.

Etea Vigo abandono

A Asociación Veciñal de Teis, acusa á Xunta e o Concello da situación de «abandono do parque público, do paseo marítimo e do peirao da ETEA».

Etea Vigo abandono

Para os veciños, «a falta de coordinación e entendemento entre ambas administracións  só prexudica a veciñanza de Teis»

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.