RGPD - Cookies
Galicia Vigo al día

O Concello reabre o luns o prazo para solicitar praza nas Escolas Infantís

Hai 620 prazas nas oito escolas municipais para nenas e nenos de 0 a 3 anos

El alcalde de Vigo con un niño en una escuela infantil

O Goberno Local decidiu este venres reabrir o prazo dende o luns, día 25 ata o 5 de xuño. pasa solicitar prazas nas escolas infantís.

Nais e pais poden optar a unha das 620 vacantes telemáticamente-en escolas.vigo.org – ou ben Concello, solicitando por teléfono cita previa.

As prazas ofertadas son: 72 na Escola Costeira-Saiáns, 80 en Bouzas, 78 en Tomás Alonso, 72 en Santa Marta-Casco Vello, 82 en Atalaia-Teis, 76 en Santa Cristina-Lavadores, 78 en Mestres Goldar-Castrelos e 82 vacantes en Navia.

Nas escolas infantís do Concello hai opcións horarias de mañá e tarde ou continuo, no caso de Costeira-Saiáns.

Os prezos recollidos nas bases oscilan entre a gratuidade total e os 127€ ao mes, en función da renda.

También te puede interesar