RGPD - Cookies
Galicia Vigo al día

Campaña de protestas contra a modificación horaria ao persoal das tendas de inditex

A CIG acusa a Inditex de deixar a moitos empregados sen descanso

Zara

A federación de Servizos da CIG anunciou este venres unha campaña de mobilizacións contra Inditex.

O motivo da mesma é a «modificación da condicións de traballo» imposta ao persoal das tendas. A dirección da compañía téxtil negouse a dar marcha atrás na súa decisión na xuntanza celebrada na Inspección de Traballo.

Dende a CIG critican que CCOO e UGT asinasen o xoves un acordo a nivel estatal que asume a proposta da empresa e avala os cambios de horarios e de quendas.

A CIG lembra que Inditex modificou o pasado luns, dun día para outro, os horarios do persoal de tendas en todo o Estado.

Esta decisión inclúe ás traballadoras que teñen redución de xornada por coidado de crianzas, o que s»upón un ataque directo contra o dereito de conciliación».

Con esta modificación o persoal de Inditex «queda sen día libre, límite de tardes e librada de fin de semana». Ademáis,en moitos casos «nin sequera poderán gozar do descanso semanal mínimo que establece a lei”.

También te puede interesar