Ciencia y Tecnología Cultura

A Xunta reclama ao Goberno que dende o luns se poida viaxar por toda Galicia

A Xunta reclama ao Goberno do Estado que toda Galicia pase á ‘fase 1’ do proceso de ‘desescalada’  o vindeiro luns, día 11 de maio, dada a actual «situación de baixa incidencia» do coronavirus. Isto foi o que declarou onte o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña para quen a infección está «controlada» en Galicia.

O conselleiro asegurou que nos últimos 14 días non houbo ningún caso de transmisión comunitaria en 196 concellos-dos 313 de Galicia- e en 190 deles non se rexistrou caso algún de Covid-19.

Á vista deste feito a Xunta pide ao Goberno do Estado que se permita á cidadanía moverse por toda Galicia, sexa cal sexa a unidade territorial que fixe o Ministerio de Sanidade, que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) estima que debe ser a área sanitaria, non a provincia como anunciara o presidente Sánchez.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.