Ciencia y Tecnología Galicia

Señalan a Feijóo coma responsables do «elevado nivel de contaxios e mortalidade» en residencias de anciáns de Galicia

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGSDP) vén de remitir un comunicado aos medios de comunciación no que sinala ao presidente Feijóo como responsables do «elevado nivel de contaxios e mortalidade» nas residencias de anciáns.

Dacordo cun informe do Consello de Contas de Galicia de 2018, indican dende esta asocición, que houbo «irregularidades e amiguismo» na adxudicación de varias destas residencias nas que a Consellería de Política social non fixo control algún aínda que houbo denuncias sobre a falla de persoal, o incumprimento de protocolos de funcionamento ou deficiencias nas instalacións. 

Estes feitos, a xuízo de AGSPD, influiron, determinantemente, no alto número de contaxios e de vítimas mortais nos centros de maiores de Galicia-que representan o 46% de todas as mortes por coronavirus na comunidade-un feito ao que, indican, se suma pouca transparencia por parte da Xunta e a falla de información ás familias dos residentes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.