Galicia Vigo al minuto

O BNG non apoiará a prórroga do ‘Estado de Alarma’

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e a voceira nacional, Ana Pontón, confirmaron que o Bloque non votará a favor da prórroga por outros 15 días máis, dende o 10 de maio, do ‘Estado de Alarma’, tal e como solicitará o Goberno do Estado.

Rego absterase na votación sobre esa prórroga dado que, como declarou Pontón, “o estado de alarma non está resultando eficaz porque se toman medidas que non se adaptan a Galicia”, e cre que o Goberno central “ten que recitificar”. A responsable do BNGsinalou que “Galicia necesita un desconfinamento adaptado a nosa realidade e non se lle pode dar un cheque en branco ao Goberno central”.

También te puede interesar