Comarcas Vigo al minuto

@depo_es asesorará aos concellos da provincia sobre como recuperar espazos públicos

A Deputación de Pontevedra vén de ofrecerse aos concellos da provincia para asesorar como recuperar espazos públicos de maneira urxente e efémera co fin de dar garantías de distanciamento físico á cidadanía nestes momentos da crise da COVID-19. O deputado de Mobilidade Uxío Benítez lembra que o seu departamento defende a necesidade de recuperar o espazo público de maneira estable e a longo prazo, mais subliña que a día de hoxe son necesarias algunhas actuacións inmediatas para que as persoas dispoñan de máis amplitude nos lugares e vías polas que transitan, motivo polo que pon a disposición dos municipios todo o persoal técnico provincial experto neste ámbito.

https://twitter.com/depo_es/status/1256516277767565320?s=20

Segundo explica o deputado de Mobilidade, a situación de emerxencia sanitaria fixo que a cidadanía e os gobernos locais se decatasen da importancia de que as rúas, as prazas, e en xeral todo o espazo público teñan ás persoas como prioridade fronte á circulación rodada, con elementos e dimensións correctos para o tránsito peonil seguro e confortable. «O espazo público forma parte substancial da vida das persoas como escenario natural da vida colectiva. Cando o perdemos… e hoxe que comezamos a recuperalo na ‘desescalada’, é cando o valoramos», subliña.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.