'Qué te cuentas?' Comarcas

@AsNevesConcello facilita que todas as alumnas e alumnos teñan xa o seu material escolar na casa

Todas as alumnas e alumnos dos CEIP Marquesa do Pazo da Mercé e das dúas Escolas de Educación Infantil das Neves, as de Taboexa e Rubiós, teñen xa a totalidade do seu material escolar na casa. Dende o Concello, coa axuda dos profesores, da dirección dos centros e de membros da Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (ANPA), entregáronse os libros e o resto dos efectos que deixaran os estudantes nas aulas.

Mascarillas para cada un dos estudantes

Para poder chegar ás 143 familias de alumnos do CEIP e ás 28 das Escolas Infantís-14 de cada unha delas– os membros de cada centro recolleron o material de cada estudante o meteron en bolsas de tea entregadas polo Concello e traballadores municipais- en moitos casos a concelleira de Educación e o propio alcalde- levaron o mesmo a cada casa, realizando un reparto organizado por parroquias e incluíndo unha mascarilla para cada unha das rapazas e rapaces.

Entrega de ordenadores

Do mesmo xeito, o mesmo servizo do Concello serviu para facer chegar a varios estudantes do Instituto Pazo da Mercé os ordenadores cedidos en préstamo pola Consellería de Educación ou polo propio centro. En todos os casos-dende Educación Infantil, ata Bacharelato- o obxectivo é o de facilitar que as alumnas e alumnos poidan seguir co estudo das materias e cumprir co temario deste curso.

Apoio telefónico

Nesta mesma liña, a Concellería de Educación impulsa, tanto no caso do CEIP Marquesa do Pazo, como no do IES Pazo da Mercé, o «seguimento» por parte dun psicólogo de ACEESCA, contratado polo Concello, a familias de alumnos con problemas, de xeito que se lles poida facilitar o «apoio» que precisen ante esta situación nova creada pola crise sanitaria.

Por último, esta mesma semana, o Concello rematará coa limpeza, hixienización e desinfección de cada un dos centros educativos das Neves. Este proceso se repetirá antes da volta das alumnas e alumnos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.