'Qué te cuentas?' Ciencia y Tecnología

Medicos de Familia dubidan da afectividade do estudo sobre o COVID-19 da Xunta e alertan da súa utilización política

Estes días, o estudo de seroprevalencia do coronavirus na poboación galega está a ser o tema estrela nos medios de
comunicación. Segundo a  Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec), este tipo de estudos teñen unha clara importancia para obter información e para poder sacar conclusións sobre as medidas a tomar. Pero parece que, «lonxe de facer unha análise técnica das posibles consecuencias, xa se dan por adiantado os supostos éxitos de políticas sanitarias que non corresponden á realidade».

Os estudos en medicina, insisten dende Agamfec, deben facerse para programar medidas que melloren o estado de saúde da poboación.

Por iso, a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria quere informar e facer clara a súa postura sobre este estudo e a «lamentable utilización política» que se poida facer del:

Á Asociación incomprensible o gran despregue de medios humanos e de tempo en Atención Primaria para este estudo mentres se limitou durante todo este tempo, e segue a ser así, o acceso libre ás probas máis importantes para parar a
propagación do virus, como son a indicación das probas PCR en todo caso sospeitoso e o estudo dos seus contactos. «Medidas ambas que amosaron en outras comunidades autónomas ser as responsables directas do control da
pandemia. Ante esta deficiencia estamos sen armas e pensabamos, inxenuamente, que agora poderiamos dispor delas».

Os resultados dos estudos de seroprevalencia dan unha información da situación da poboación, da «cantidade» de virus circulante e están suxeitos a moitos sesgos e factores que inflúen e que teñen que ver co grao de dispersión da poboación, mobilidade e moitos outros. E non se trata de facer propaganda con eles, senón  de analizar para tomar medidas de xestión.

«Todos os profesionais temos a sensación, cos datos que manexamos, de que hai moita posibilidade de mellora no afrontamento desta pandemia e de moitas situacións deficientes que esta pon de relevo». O exemplo máis claro, sinalan dende Agamfec son as residencias de maiores e o «problema dos contaxios dos sanitarios (que non van
saír na foto deste estudo, seguimos sen estar estudiados e podemos seguir sendo fonte de contaxio)».

Segundo os datos que publica na súa web o Ministerio de Sanidade, os positivos por COVID-19 figuran desagregados por PCR e anticorpos, e non vai ser posible utilizar estes datos para facer comparativas, pois son estudos de poboación e nas táboas do Ministerio son estudos de casos. (Loxicamente, se facemos probas a casos sospeitosos a porcentaxe de positivos é moi superior que nos estudos de poboación e, polo tanto, non comparable).

«Insistimos, polo tanto, en contar cunha Atención Primaria dotada de ferramentas para seguir torcendo a curva de propagación do coronavirus, que non coñece fronteiras nin distingue administracións.»

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.