Ciencia y Tecnología Destacados

@Xunta desminte a @abelcaballero e informa de que entregou a Vigo 83.972 unidades de material de protección fronte ao Covid-19

A Xunta de Galicia vén de dar orde este mércores dun novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino aos concellos galegos. No caso concreto do Concello de Vigo a partida inclúe 30.984 máscaras, 52.500 luvas e 123 traxes antisalpicaduras.

Onte mesmo, o alcalde asegurou na ‘rolda de prensa on line’ que convoca cada día que «Vigo non recibiu nin unha mascarilla da Xunta», un dato que desmenten dende o Goberno galego desde donde se indica que foron entregados ao Concello de Vigo en conxunto 83.972 unidades de material de protección desde o inicio da crise sanitaria para os servizos municipais que presta. En total foron 30.984 máscaras, 52.500 luvas e 492 traxes, enviados en tres entregas realizadas os días 2, 3 e este 22 de abril.

Un material que, segundo a información facilitada polas propias cidades e concellos está sendo destinado para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar, e servizos básicos de Protección Civil, Policía Local ou transporte público.   Entre as partidas enviadas inclúense asemade botes de xel hidroalcohólico, garrafas de desinfectante e unidades de lixivia.

Prioridade concellos pequenos

Cómpre lembrar que nun primeiro momento, o Goberno repartiu material de protección ao 100% dos concellos da área viguesa priorizando ao inicio aos concellos pequenos e medianos e ampliando, posteriormente, as entregas ás cidades. A Xunta está centralizar as peticións dos concellos en relación coas necesidades de material, en coordinación e a petición da Federación Galega de Municipios e Provincias.

En perfectas condicións de uso

A Administración autonómica reitera que todo o material entregado, cumpre estritamente co procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao seu uso, foi inspeccionado e está en perfectas condicións para poder ser usado.

Pola contra, Abel Caballero repetiu en distintas ocasións que as mascarillas que enviara a Xunta-14.000 en total- caducaran en 2014.

Dende a Xunta responden que no documento «Procedemento de actuación para os servizos de prevención de riscos laborais fronte  á exposición ao SARS-COV-2», versión de 30 de marzo de 2020, coordinado pola Subdirección xeral de Sanidade Ambiental e Saúde Laboral, da Dirección xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación do Ministerio de Sanidade, e no que colaboran distintos organismos,  se indica a posibilidade de utilizar material fóra da vida útil recomendada polo fabricante, se ben tras unha inspección visual, como así se fixo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.