Vigo al minuto

@bngvigo pide a reducción do aforo dos buses e reforzar a súa limpeza

 Bloque Nacionalista Galego se dirixirá ao Comité de Seguimento Municipal da Covid-19 para instar o Goberno municipal a que reforce as medidas preventivas para evitar contaxios por coronavirus no servizo de Vitrasa. O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, recolleu as preocupacións que lle trasladou o Comité de Empresa  en relación a dúas cuestións que xulga de “enorme importancia”: reducir o aforo dos buses e reforzar a limpeza e desinfección dos vehículos. 

40 persoas en apenas 20 metros cadrados

En relación ao aforo, Igrexas suxire que se estude unha maior redución para evitar a masificación dos vehículos. “Neste momento o aforo dos buses da cidade está limitado ao 50% da súa capacidade total o que significa que nos buses de 12 metros terían permitida a entrada máis de 40 persoas en apenas 20 metros cadrados de superficie útil, o que non garante a distancia mínima de seguridade que recomendan as autoridades sanitarias”, sinala o concelleiro do BNG.

A este respeito,  alertou de que xa está a comprobar nestes días que en algúns buses a falla de espazo está a provocar unha maior exposición ao contaxio. No entanto, desde o Bloque instan a que a redución de aforo se acompañe do reforzo co número de vehículos necesarios para garantir que as viguesas e os vigueses poidan facer uso do autobús nos desprazamentos indispensábeis. 

Por outra banda, o edil considerou fundamental que o Goberno municipal lle requira a Vitrasa o reforzo dos servizos de limpeza dos buses, para garantir que cada vez que se inicia unha nova quenda de traballo e hai relevo no persoal condutor, se desinfectan tanto a cabina como as superficies de contacto.  

También te puede interesar