Vigo al minuto

@bngvigo pide a reducción do aforo dos buses e reforzar a súa limpeza

 Bloque Nacionalista Galego se dirixirá ao Comité de Seguimento Municipal da Covid-19 para instar o Goberno municipal a que reforce as medidas preventivas para evitar contaxios por coronavirus no servizo de Vitrasa. O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, recolleu as preocupacións que lle trasladou o Comité de Empresa  en relación a dúas cuestións que xulga de «enorme importancia»: reducir o aforo dos buses e reforzar a limpeza e desinfección dos vehículos. 

40 persoas en apenas 20 metros cadrados

En relación ao aforo, Igrexas suxire que se estude unha maior redución para evitar a masificación dos vehículos. «Neste momento o aforo dos buses da cidade está limitado ao 50% da súa capacidade total o que significa que nos buses de 12 metros terían permitida a entrada máis de 40 persoas en apenas 20 metros cadrados de superficie útil, o que non garante a distancia mínima de seguridade que recomendan as autoridades sanitarias», sinala o concelleiro do BNG.

A este respeito,  alertou de que xa está a comprobar nestes días que en algúns buses a falla de espazo está a provocar unha maior exposición ao contaxio. No entanto, desde o Bloque instan a que a redución de aforo se acompañe do reforzo co número de vehículos necesarios para garantir que as viguesas e os vigueses poidan facer uso do autobús nos desprazamentos indispensábeis. 

Por outra banda, o edil considerou fundamental que o Goberno municipal lle requira a Vitrasa o reforzo dos servizos de limpeza dos buses, para garantir que cada vez que se inicia unha nova quenda de traballo e hai relevo no persoal condutor, se desinfectan tanto a cabina como as superficies de contacto.  

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.