Comarcas Vigo al minuto

@depo_es realizou máis de 700 actuación durante este illamento por medio do Servizo de Teleasistencia

El Concello aumenta a 900 plazas el Servicio de Teleasistencia Domiciliaria

O Servizo de Teleasistencia Domiciliaria da Deputación de Pontevedra realizou máis de 700 actuacións e rexistrou preto de 20 novas altas dende o comezo do Estado de Alarma. “Trátase dun servizo máis esencial que nunca e que se viu reforzado, debido á situación derivada polo Covid-19”, sinalan dende o organismo provincial, para prestarlle especial atención ás máis de 650 persoas beneficiarias de 46 concellos da provincia.

En concreto, dende o 14 de marzo, realizáronse ao redor de 600 chamadas para a prevención de estafas e atendeuse a preto de 20 persoas que solicitaron axuda en compras, xestións ou reparacións no domicilio. Ademais, tamén se fixo seguimento especial de máis de 110 persoas por vulnerabilidade e de 5 persoas por sospeita ou confirmación de Covid-19. Neste eido, lembrar que durante o Estado de Alarma, a Deputación intensifica os seguimentos telefónicos das máis de 120 persoas que non contan con apoio familiar ou social e tamén está a estudar novas medidas dirixidas a esas persoas que están soas nun momento tan delicado coma este. No caso do resto das persoas usuarias tamén se está a intensificar o seguimento, reducindo os prazos de quince días a unha semana.

Ademais das actuacións relacionadas coa atención telefónica das persoas usuarias, o Servizo de Teleasistencia comprende outras actividades que completan a citada atención. Trátase da prestación de axuda en compras ou outras xestións, as reparacións en domicilio, ou a campaña de prevención de timos e estafas. O Servizo de Teleasistencia Domiciliaria permite a persoas de avanzada idade ou con algún tipo de diversidade funcional manter a súa independencia e continuar vivindo no seu domicilio con tranquilidade e seguridade, coa consecuente mellora na súa calidade de vida. Ante unha situación de emerxencia no fogar, con só pulsar un botón, dáselle resposta inmediata ás persoas usuarias, as 24 horas ao día e os 365 días do ano, mobilizando os recursos necesarios para solucionar a incidencia.

También te puede interesar